lunes, 4 de diciembre de 2017

ANIVERSARIO DE MARTINA

O DÍA 2 DE NOVEMBRO MARTINA CUMPLIU 5 ANOS E PARA CELEBRALO FIXÉMOSLLE UNHA FESTA!

 ELABORAMOS A SÚA COROA

COMPARTIU CON NÓS UN BISCOITO 

SESIÓN DISCO

FIXÉMOSLLE UN AGASALLO 
PARABÉNS MARTINA!!!!

MOITO MAXÍN... NO SAMAÍN...

ESTE ANO A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN TIVO UN COMEZO MOI ESPECIAL... CANDO CHEGAMOS AO COLE!! SORPRESA!!! AS PROFES ERAN ESQUELETES!! QUEDAMOS ABRAIADOS!




 COA PROFE ELI ENSAIAMOS A CANCIÓN DE MEDO ME DÁ, DE MARÍA FUMASA, ENCÁNTANOS!



DISFRAZÁMONOS DE ESQUELETES!! 

E POR ÚLTIMO AGRADECER AS FAMILIAS TÓDALAS LAMBONADAS TERRORÍFICAS QUE COMPARTISTES CON NOS!!!

Castiñeiro, dame castañas.

Os nenos da clase de 5 anos somos moi curiosos, e un día preguntámonos canto poden medir as árbores; polo que comezamos unha mini investigación ao redor das árbores da nosa contorna. O primeiro que investigamos foi O CASTIÑEIRO. Así, analizamos a árbore, que se enche de ourizos e ao chegar o outono estes caen, ábrense e dan lugar ao froito, as castañas! Aprendemos que cada ourizo pode dar entre dúas e tres castañas, e ademais se se collen con moito coidado non pinchan! Buscamos na internet canto poden chegar a medir os castiñeiros, e descubrimos que poden chegar ata 35 metros de altura.Ademáis analizamos as súas follas, e as empregamos para facer moitas actividades! Aquí nos vedes traballando na ficha de recollida de información!
A investigación sobre o castiñeiro levounos a pensar en como nacen, e por iso decidimos plantar o seu froito para ver se podía xerminar unha nova árbore. Mirade como fixemos todo o proceso! En primeiro lugar comprobamos cales son as castañas boas para plantar, botámolas nun recipiente con auga e as que van ao findo son boas e as que flotan descartámolas.
Despois collemos as castañas boas e metemolas nun vaso entre algodóns humedecidos.
Reservámolas durante un tempo para que xerminen...
Un mes despois do experimento voltamos a ver como van as nosas castañas, algunha xa xerminou!! Pero a outras aínda lles queda un pouquiño así que regamos para que sigan medrando!