lunes, 19 de marzo de 2018

Un día normal...

Aquí vos amosamos un día normal na nosa aula. Pasamos polos recunchos por equipos e en cada un facemos unha actividade distinta, non nos da tempo a aburrirnos!
Comezamos polas rutinas diarias, neste caso aproveitamos que hoxe é día 19 de marzo para explorar as posibilidades que temos de compoñer o número 19, cos bloques multibase, con linguodepresores, coas piruletas de mans e coas nosas propias mans. 


Repartimos aos equipos por recunchos:

No recuncho de xogos de mesa traballamos a estruturación espacial co xogo do kubix, temos que compoñer as figuras que aparecen nas plantillas cunhas determinadas pezas. 


No recuncho das letras aproveitamos para escribir cartas a os nosos amiguetes! 


No recuncho das construcións xogamos co mecano XL e traballamos a motricidade fina cando encaixamos as torcas e parafusos ademais de deixar voar a nosa imaxinación! 


No recuncho do artista experimentamos cun material novo! O Funny Gummy! Un tipo de material moldeable parecido a plastelina que seca ao aire. 


Ademais como actividade individual presentamos o xogo do tantrix, un puzzle co que temos que argallar a maneira de realizar circuitos pechados segundo o color que indiquen as pezas. Todo un reto!

Como vedes, a nosa vida na aula é moi dinámica!

Casita descomposición numérica

Xogamos coa casiña de descomposición para que os rapaces vexan todas as posibilidades que teñen de formar cada número. Así, no tellado da casa poñemos o número que queremos descompoñer, e en cada piso repartimos entre as dúas xanelas as posibilidades de formar cada número. É unha maneira moi sinxela de que os nen@s entendan as cantidades e a operación básica da suma.
 

PROXECTO: OS ANIMAIS

Cando Desirée nos explicou o seu traballo sobre a quenlla, Aitana aproveitou para traernos unha mandíbula real dunha. Encantounos ver esa mandíbula completamente aberta e todas as filas de dentes que teñen. Como pinchan!!

Como non, aproveitamos para sacar unhas fotos!! Non tódolos días podemos meternos dentro da boca dunha quenlla!! 



jueves, 15 de marzo de 2018

Monstro de Cores

Nesta ocasión, no obradoiro de literatura, traballamos un conto xa coñecido por todos nós, pero... é que nos encanta volvelo a ler, escoitar e desfrutar co Monstro de Cores!!



Cada un de nós se identificou coa emoción que máis lle gustaba sentir, e explicou o porqué se sentía así. De esta maneira entedémonos todos mellor e coñecemos un pouco máis que é o que se agocha no noso interior.
Ademais, elaboramos unhas coroas moi chulas da cor coa que nos identificamos e representamos esa emoción no noso monstro de cores particular.

Encantóunos esta actividade!

Desfile de Entroido

Aquí están as fotos do día do Entroido! Estábamos tod@s guapísim@s de Científic@s!






domingo, 11 de marzo de 2018

Despedida da profe Sandra

A profe Sandra rematou con nós a súa andaina, e como a queremos tanto fixémoslle un agasallo para que nunca se esqueza de nós.



Profe, botarémoste moito de menos, moitas grazas por axudarnos, coidarnos, ensinarnos e sobre todo, por querernos! Que teñas moita sorte!! 

ANIVERSARIO de NEREA E JUAN

Aquí están as tan esperadas fotos do aniversario de Juan e Nerea! Desfrutámos moitísimo nestas festas!!


 


Cantámoslles e sopramos a súa vela todos xuntos.



Compartiron con nós uns biscoitos riquísimos!! 


Por suposto... non hai festa sen baile!


E o seu agasallo da nosa parte, Parabéns!!