jueves, 25 de enero de 2018

ASOCIAMOS GRAFÍA-CANTIDADE

Unha das actividades que facemos habitualmente na aula é xogar cos números. Nesta ocasión empregamos as tarxetas dos números ata o 20, e representamos a súa cantidade con linguo-depresores.
Para isto tivemos que facer actividades previas de iniciación á decena, facendo atados de dez depresores, e posteriormente relacionar a posición das decenas e as unidades na numeración.

Así conseguimos representar a cantidade dos números de xeito que non nos quede tan afastada e poidamos ver  realmente o sentido numérico.

Ademais traballamos a serie numérica, decidindo en que posición tiñamos que colocar o número que nos tocaba a cada un de nós.

Todo un reto!!

INVESTIGAMOS...

Unha das nosas rutinas diarias é aproveitar os últimos 15 minutos do día para acudir a biblioteca de aula e escoller un libro de documentación e así investigar sobre as nosas curiosidades. É un momento que nos encanta! Mirade que cara de interesantes poñemos... 

Experimentando....

Como xa sabedes este ano estamos inmersos no mundo da ciencia, por iso a semana pasada fixemos un experimento con lacasitos. O primeiro paso foi decidir como colocar os lacasitos no plato, decidimos que colocaríamos 5 de cada cor facendo un círculo.



Botámoslle auga... 


E... TACHÁN!! As cores dos lacasitos escápanse pola auga! Parece un arco da vella! 


Decidimos probar outra vez, alternando lacasitos de cada cor para ver o seu efecto na auga... 

Encantounos este experimento!! Ademáis como somos uns lambóns aproveitamos os lacasitos que nos sobraron e enchemos a barriga!! que ricos!!

lunes, 22 de enero de 2018

SAÍDA AO BUZÓN DE CORREOS

Como xa sabedes, durante o Nadal, chegouvos a casa unha carta moi especial, a felicitación de Nadal dos vosos pequechos, aquí vos deixo a proba do primeiro paso que fixeron para que puidese chegar aos vosos domicilios.

miércoles, 17 de enero de 2018

Aniversario de Desirée

O pasado mes de Decembro celebramos moitos cumples, entre eles o de Desi. Mirade que ben o pasamos... Encántanos a festa!!
Convidounos a unha tarta de galletas e chocolate que nos encantou a todos! Cantamoslle a canción dos aniversarios e sopramos a vela dos 5 anos que xa ten!
Unha das cousas que máis nos gusta dos aniversarios é facer a merenda conxunta.
Por suposto, despois de merendar....BAILOTEO A TOPE!!
E para finalizar, entre todos fixémoslle un agasallo, cada un de nós escribiulle unha cousa bonita a Desi, Parabéns Desi!!!

jueves, 11 de enero de 2018

POLO NADAL...


Déixovos un vídeo resumo da festa de Nadal no cole!



A máscara do león

Neste obradoiro de literatura decidimos traballar o conto "A MÁSCARA DO LEÓN" Trala súa lectura comprendemos que o valor da amizade é moi importante para a nosa vida, xa que entendemos que cos nosos amigos somos completamente felices.
Decidimos elaborar a nosa propia máscara e para iso empregamos follas de árbores do noso contorno, limpiapipas e plastilina. Aquí vedes o proceso:
E o produto final, unhas máscaras que meten moooooito medo!

Saída ao cine

Por fin chegou o día no que fumos ao cine a ver tan esperada película Coco. Aquí vedes como chegamos ao cine e accedemos a sala. 


Unha vez dentro, acomodámonos, enchemos os vasos de gusanitos e galletas, e listos para comezar!


De volta para o cole, votamos unha sonequiña... 

A reflexión que fixemos despois de ver esta peli que nos encantou, foi que o máis importante de todo é a nosa familia!!