lunes, 19 de marzo de 2018

Un día normal...

Aquí vos amosamos un día normal na nosa aula. Pasamos polos recunchos por equipos e en cada un facemos unha actividade distinta, non nos da tempo a aburrirnos!
Comezamos polas rutinas diarias, neste caso aproveitamos que hoxe é día 19 de marzo para explorar as posibilidades que temos de compoñer o número 19, cos bloques multibase, con linguodepresores, coas piruletas de mans e coas nosas propias mans. 


Repartimos aos equipos por recunchos:

No recuncho de xogos de mesa traballamos a estruturación espacial co xogo do kubix, temos que compoñer as figuras que aparecen nas plantillas cunhas determinadas pezas. 


No recuncho das letras aproveitamos para escribir cartas a os nosos amiguetes! 


No recuncho das construcións xogamos co mecano XL e traballamos a motricidade fina cando encaixamos as torcas e parafusos ademais de deixar voar a nosa imaxinación! 


No recuncho do artista experimentamos cun material novo! O Funny Gummy! Un tipo de material moldeable parecido a plastelina que seca ao aire. 


Ademais como actividade individual presentamos o xogo do tantrix, un puzzle co que temos que argallar a maneira de realizar circuitos pechados segundo o color que indiquen as pezas. Todo un reto!

Como vedes, a nosa vida na aula é moi dinámica!

No hay comentarios:

Publicar un comentario